9.10.06

As xubilacións a tempo parcial para os vindeiros anos estan no aire.


Que sigan nos vindeiros anos as xubilacións a tempo parcial con contrato de relevo, que acordamos coa Caixa no 2005 como alternativa ás prexubilacións, está hoxe no aire, a Dirección semella non ter claro si quere chegar a un novo acordo para poder prorrogar as actuais condicións.

A reforma do sistema público de pensións, pactada entre CCOO, UGT, CEOE-CEPYME e o goberno estatal, contempla entre outras medidas negativas, o endurecemento progresivo das condicións de aceso as xubilacións a tempo parcial.

1. A idade requirida para acceder a esta modalidade de xubilación subirá con carácter xeral dos 60 anos actuais aos 61, esta subida será progresiva polo que en principio non afectará moito.

2. Ata hoxe requiríanse 15 anos mínimos de cotización a Seguridade Social para xubilarse anticipadamente, agora elevase progresivamente ata os 30 anos mínimos cotizados.

3. Modificase progresivamente a redución máxima de xornada que pasará do 85% ao 75%. Deste xeito redúcese tamén a pensión a percibir da Seguridade Social na mesma cuantía o que a súa vez implica que o complemento a pagar pola Caixa sería maior.

O acordo da reforma prevé a posibilidade de prorrogar de xeito transitorio as condicións actuais ata o 31 de Decembro de 2009, para iso sería necesario chegar a un acordo coa Caixa Galicia que debería ser rexistrado ante a autoridade laboral.

Por parte da Dirección da Caixa semellan non están dispostos a asinar un acordo destas características xa que os obrigaría a manter as xubilacións independentemente dos beneficios empresariais.

Dende a CIG vimos solicitando que se asine un acordo que garanta o dereito a xubilación nas condicións actuais de todo o persoal que cumprirá os 60 anos ata o 31 de Decembro de 2009. Unha vez mais a Dirección non responde.

3 comentários:

Anónimo disse...

Coma sempre os sindicatos estatais "axudando". Eles suxetan os/as currantes e a patronal pon a vaselina (sen perfumar que temos que aforrar).

Anónimo disse...

Seguramente ELES non terán problemas nas suas xubilacions

Anónimo disse...

La felicidad humana generalmente no se logra con grandes golpes de suerte, que pueden ocurrir pocas veces, sino con pequeñas cosas que ocurren todos los días.
Benjamin Franklin (1706-1790) Estadista y científico estadounidense.