Ante as acusación realizadas por algúns sindicatos, dicindo que a CIG mentíu sobre o acontecido na última reunión da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo, hoxe poñemos a disposición xeral unha nota de RRHH de Bancaja, publicada na intranet desta empresa.
Como se pode ver, nesta acta faise referencia a oferta realizada por CCOO, UGT e CSICA ás Caixas para abrir todas as tardes. En todo caso deixar claro que na propia mesa o representante de CCOO Chema Martínez indicou que esta era unha proposta de inicio para abrir a negociación.
Mentiron ao persoal negociando por atras e siguen mentindo hoxe cando negan a negociación oculta. Quede claro quen pon en perigo as nosas tardes libres. Podedes ampliar a imaxe premendo sobre ela.
4 comentários:
¿E isto é para o que valen os sindicatos estatais? Pois menudos fillos dep...
Penso é denunciable por discriminación se unha persoa ascende antes que eu tan so por ter diferente horario. Eu traballo igual ou mellor no horario que firmei no meu contrato.
A posiblidade de realizar comentarios, que só ofrece este espazo sindical en Caixa Galicia, está sendo utilizada por persoas doutras centrais sindicais para descalificar as persoas que compeñen a nosa central sindical.
Como en anteriores ocasións borramos ese tipo de comentarios.
Non admitimos que ninguen veña a nosa casa a insultarnos.
Que den a cara publicamente e salgan ao paso destas noticias si é mentira.
Desgraciadamente non o faran, estan ata o pescozo.
Os blogs dos outros non dan a posibilidade de deixar comentario ningún.
Merdentos e por riba cobardes.
Vayase sr.de "coco", axente en vostede xa non "comfía".
Enviar um comentário