Onte a empresa Alta Gestión fixo público unha enquisa sobre horarios. No Estado nove de cada dez persoas gostarían de traballar en horario de 8 a 15 horas.
Segundo esta enquisa un 89% das mulleres e un 82% dos homes prefiren traballar só pola maña en horario de oito a tres horas.
Este é o horario que tivemos ata o de agora no sector financeiro, en concreto nas Caixas de Aforros. Queremos deixar aquí constancia por si algúns non souberan cal é a posición do persoal sobre esta materia e tiveran intención de incluir cambios no novo preacordo de Convenio.
3 comentários:
E a enquisa non deu o 100% porque foron a preguntarlle a Méndez, ós fillos e a María Camiño.
Non, o que falta de cada dez quere ser prexubilado.
Pd. Ide despedindovos das familias e amigos, queda pouco para traballar todas as tardes.
Vichedes o preacordo de Convenio que firmou hoxe CCOO: amplian as oficinas que poden abrir polas tardes con xornadas singulares: entran as oficinas de empresa e cercanas a centros comerciais.
Mirei o do 1/4 de paga e non é nin un cuarto nin ostias. É un cuarto do salario base!!! vaia cutrada (para min que teño nivel XI). Traballo o doble que fai catro anos pero cobro o mesmo.
Enviar um comentário