Hoxe unha oficina da Caixa que ten catro persoas no seu cadro de persoal, estaba aberta con só tres persoas, algo xa habitual, pero neste caso ningunha delas era empregada fixa da Caixa.
Os clientes que hoxe se achegaron ata a Urbana 33 de A Coruña eran atendidos por 3 persoas, as tres con contratos temporais. Unha das persoas ten un contrato por ETT e as outras teñen tamén contratos temporais, malia que directos coa Caixa de Aforros.
Non estamos ante unha desgraciada excepción, é un exemplo da precariedade laboral e da temporalidade nesta Caixa de Aforros. Oficinas infradotadas de persoal e unhas equipas de sustitucións insuficientes, son o caldo de cultivo para este tipo de situacións.
Unha mala política empresarial que ao fin pagamos os traballadores e traballadoras, pero tamén os clientes que cada día pagan mais por un pior servizo.
6 comentários:
y en oficina de 3 empleados quedar solo un ETT con un director jubilado, asi que en fin... asi vamos
¿porqué pasa esto na rede pero non pasa nos novos departamentos de control e vip´s asasinos?
como o chiste "moitos patróns pero ningún remeiro".
imos mal, Josep Lluis, imos mal.
Esta é a realidade, o das prexubilacións é un espellismo: CAÑA!!!
que esta a facer a CIG????
Eu xa non tiña confianza nos outros sindicatos, pero empezo a non tela tamen na CIG. A situacion prolongase no tempo, e endurecese en canto a perdida de dereitos dos traballadores.
dame noxo, o final a solucion só estara en fuxir da caixa. O u xubilarse ou trocar de entidade....lamentabel
E os sindicatos "cero patatero"
A CIG preparando a folga, si non ao tempo. Agardo que ti estes na barricada.
Como podedes consentir que un descerebrado que se cree "deus omnipotente", faga de Caixa Galicia a sua caixa, para e por seu proveito e lucro?...E ninguén é capaz de desenmascaralo...Manda carallo!!!
Enviar um comentário