28.9.10

O persoal esixe unhas condicións dignas e garantías



O persoal da Caixa Galega respaldou na asemblea celebrada na cidade de Vigo, a esixencia dunhas condicións dignas e garantías suficientes en materia de prexubilacións, mobilidade xeográfica e demais condicións laborais.

A proposta de acordo realizada polas empresas foi claramente rexeitada reclamando o persoal garantía na linea da contraposta realizada pola CIG, CCOO e CSICA.

O malestar, nomeadamente entre o persoal afectado polas prexubilacións, é evidente ante a falta de garantías fronte a inminente reforma da seguridade social, como afectaría a súa situación no plan de pensións ou contra o tope do 98% do salario neto sobre o que xiraría a prexubilación.

Hoxe está convocada asemblea en Ourense, agardamos unha boa participación como en Vigo, as Caixas deben ser conscientes do malestar do persoal e realizar unha proposta en condicións.

Así mesmo alzáronse voces do persoal que quedaría en activo que demostrou a súa preocupación polo futuro, nomeadamente ante a falta de garantía en materia de mobilidade xeográfica froito do peche de oficinas e Servizos Centrais.

Sem comentários: