9.9.10

De caracol a tartaruga


É o movemento máis significativo da reunión de hoxe, por parte da representación empresarial.

Semella que o único que se visualizou é o cambio de animal de compañía.

Seguen avanzando “din”, pero de palabra, sen documentos, sen datos, con atrasos e demoras. Uns por outros (empresas e asesores), o traballo por facer e ademais, atrásannos a reunión á vindeira semana por máis “problemas loxísticos”.

Plantexamos que, na reunión do vindeiro xoves día 16, teñen que se producir avances concretos e tanxibles, entendemos que a “tartaruga” non avanza ao ritmo sindical desexado e, se non concretan, teremos que replantexarnos que medidas de presión acordaremos.

Para mañá, mércores día 8, temos prevista unha reunión CCOO-CSICA-CIG, para unificar os puntos que entendemos que dende a óptica sindical teñen que incluírse no acordo laboral e que, ata o día de hoxe, as empresas non incluíron nas súas propostas.

Manterémosvos informados/as.

Sem comentários: