Comunicado conxunto de CIG, CCOO e CSICA remitido ao persoal o día 6 de xullo informando sobre a reunión na que se constituiu a mesa negociadora do pacto laboral da fusión.
Hoxe arranca definitivamente a mesa laboral, temas tratados:
1.- Constitución da mesa: de acordo co solicitado por toda a representación sindical das dúas Entidades, estará composta por 16 membros. Así mesmo pactáronse os aspectos formais da negociación.
2.-Avance da posición das Caixas:
- Desvinculación: Para os “excedentes” anticiparonse as distintas alternativas sobre as que existe compromiso formal de trasladarnos unha propuesta concreta na vindeira reunión, indicaron que a “solución estrela” serán as Prexubilacións; Baixas Incentivadas; Suspensión temporal de contratos con compensación económica; xubilacións anticipadas e parciais. Todo elo baixo a premisa de VOLUNTARIEDADE. Todos os procesos de desvinculación e reestructuración serán graduais e escalonados no tempo.
- Respeto e garantía das condicións laborais actuais como punto de partida.
- Clasificación de oficinas: negociación dun novo sistema respectando os procesos actuais de consolidación.
-Plans de pensións: Intención de sentar as bases para unha futura integración dos planes.
- Beneficios sociais: Converxer os actuais, unificándoos en novas figuras.
-Mobilidade xeográfica: negociación de condicións en caso de superar os 25 km.
- Desinvestimentos: en canto á venda de oficinas segue abierta esta posibilidade, de producirse durante o proceso de negociación da mesa laboral tratarase nela.
A vindeira reunión da mesa producirase o vindeiro 13 de xullo, nesta sesión a representación das Caixas formulará as propostas e facilitará información a respeito dos pontos expostos.
Sem comentários:
Enviar um comentário