18.6.10

Os compañeiros e compañeiras das empresas de servizos súmanse a concentración

Os representantes do persoal das empresas de seguridade ou limpeza que traballan para Caixa Galicia e Caixanova, sumaranse á mobilización prevista para o vindeiro día 22 de xuño na central de Caixanova en Vigo. A CIG pediu a creación dunha mesa propia para negociar o impacto laboral nas empresas auxiliares e de servizos, pero as Caixas tampouco contestaron a esta reivindicación.

Así mesmo a CGT de Caixanova anunciounos que tamén se suma a convocatoria e que estarán presentes nesa mobilización.

Sem comentários: