O 14 de xuño os departamentos de Recursos Humanos de Caixa Galicia e Caixanova, as dúas consultoras contratadas (Deloitte e Princewater) e máis os dous despachos de avogados externos contratados para asesorar ás entidades en materia laboral, presentaron á representación sindical o plan de viabilidade que será remitido ao Banco de España. Non obstante, a CIG considera insuficiente a información achegada, xa que non se especifica o número exacto de traballadores/as que se verán afectados/as polo proceso de fusión, cantos poderán acollerse a prexubilacións ou cantas oficinas en total van pechar e/ou vender, ademais de non estabelecer un calendario para a negociación laboral, que previsibelmente quedará fixado para pleno período estival.
Caixa Galicia e Caixanova emitiron un comunicado aos medios no que indicaban que pecharían 200 oficinas en Galiza, un dato que non lle foi presentado aos sindicatos, indicando ademais que era un dato do que non dispuñan. “Un indicativo do desprezo cara á representación legal dos traballadores/as por parte de ambas entidades”, critica a CIG-Banca.
Na reunión coa representación sindical do luns, as dúas consultoras debullaron a situación actual das Caixas, os requisitos en materia de solvencia, negocio e produtividade que impón o Banco de España e as medidas a tomar para poder cumprir o plan que faría que a nova Caixa fora viábel no 2015.
Proceso de “desinvestimento”
En primeiro lugar, explican dende a CIG-Banca, as auditorías actuais, como a de KPMG, insisten na necesidade de volver ao negocio minorista, reducir o financiamento nos mercados internacionais e reducir a exposición ao sector do ladrillo. En definitiva dar marcha atrás ao modelo de xestión implantando polas cúpulas das entidades dende o ano 2005, tal e como viña demandando a CIG dende ese ano.
Por outra parte, as consultoras apuntan que será preciso un plan de desinvestimentos de activos por 8.000 millóns de euros, que pode afectar a actual estrutura da Obra Social e á venda de parte da rede de oficinas co persoal incluído.
Recorte de persoal e peche de oficinas
Tamén se contemplan recortes en materia de emprego, que as Caixas agardan solucionar na maior parte por vías non traumáticas, sen especificar cales serían as posíbeis vías traumáticas a utilizar e a canto persoal afectaría.
A priori, aclara o Secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, as entidades expuxeron que pecharán 300 oficinas (sen contar coas que poidan ser vendidas), mais non especificaron os criterios utilizados para decidir o número de peches, que causaría un “excedente” de 760 persoas. Tamén habería reducións e peches nos servizos centrais sen especificar se serían en Vigo, A Coruña ou Madrid e que afectarían a outras 470 persoas. Mais por outra parte indicaron que no 2015 a nova Caixa terá 5.400 traballadores/as, cando a cifra actual superaría os 7.000, polo que o recorte será maior do anunciado.
“Para a CIG a primeira función social das empresas é a creación de emprego, moito máis nas Caixas e non é de recibo que nunha fusión realizada en nome da “galeguidade” a maior parte dos recortes laborais deban asumirse en Galiza onde ademais as oficinas son rendíbeis”, subliña Montero.
Recursos propios
En relación ao fortalecemento dos recursos propios previsto para cumprir os ratios de solvencia no 2015, preguntados pola CIG os consultores indicaron que o Plan de Negocio non contempla como precisa a emisión de cotas participativas, o instrumento polo que apostan PP e PSOE como vía de capital privado nas Caixas que levaría a súa privatización.
Sen data para a negociación laboral
Ademais, a negociación laboral non ten data, toda vez que indicaron que o día 29 agardan poder presentar o plan de viabilidade definitivo e posteriormente as Caixas convocarán a negociación cando elas queiran e como elas queiran, xa que non aceptan a composición de mesa pactada por toda a representación sindical. “Pretenden unha negociación en pleno verán, coa metade dos cadros de vacacións, co fin de implantar os duros recortes que deseñan en segredo as cúpulas de ambas entidades”, denuncia a CIG-Banca.

Sem comentários:
Enviar um comentário