
Neste senso as nosas asesorías xurídicas xa estudan un posible contencioso administrativo contra a aplicación do Regulamento do Frob, que que non debemos confundir co Real Decreto do FROB que xa foi recorrido pola Xunta de Galicia.
Nestes tempos nos que se fala de recortes de emprego asociados á fusión, que tratan de xustificar coa delicada situación económica das Caixas, queremos lembrar:
• O que declararon que cobraban as 8 persoas da alta dirección de Caixa Galicia no 2008, equivale ao salario de 422 persoas.
• O que declararon que cobraba a alta dirección de Caixanova no mesmo ano, equivaldría ao salario se 277 persoas.
Si o Banco de España quere recortes que cese aos equipos directivos como estaba previsto no Real Decreto, pero que que non veña a polos nosos postos de traballo.
*Calculos realizados para o salario dun nivel VIII a máxima categoría en Convenio dentro da escala administrativa e conforme ás taboas salariais dese mesmo ano.
Sem comentários:
Enviar um comentário