11.3.10

O ITE quedase pequeno para a asemblea de A Coruña




A sala do ITE, que ten capacidade para 200 persoas, quedouse pequena para a asemblea de traballadores e traballadoras da Coruña, moitas persoas tiveron que asistir de pé a mesma, foron 250 as persoas que responderon ao chamamento da CIG.

Unha vez mais o persoal reclamou que Jose Luis Méndez López de a cara e informe á representación sindical da situación da empresa e das alternativas de futuro. Hai preocupación polas noticias da prensa que falan de contactos da Dirección con Caja Madrid, a fusión/SIP con esta entidade tería graves repercusións sobre o emprego e levaría ao peche dos servizos centrais na Coruña.

Como xa sucedeu en Lugo o persoal apoiou a concentración proposta para o día 23 de marzo en réxime de autoconvocatoria.

A noticia no único xornal que se fixo eco: La Opinión da Coruña.

Sem comentários: