O día 25 de xaneiro, os tres sindicatos maioritarios en Galiza fomos recibidos pola Consellería de Facenda co fin de presentarnos a Auditoría realizada por KPMG que analizou a viabilidade da fusión de Caixa Galicia e Caixanova.
Máis alá dos datos públicos, a Conselleira insistiu en que a Auditoría despexaba dúbidas sobre a solvencia da nova Entidade. Indicou que a metodoloxía utilizada pola auditoría foi a mesma que a utilizada por KPMG para elaborar un informe sobre a fusión das Caixas de Castela-León, metodoloxía aceptada nese caso polo Banco de España. Lembrouse que foron as Direccións das dúas Entidades as que confirmaron a imposibilitade de seguir en solitario.
A Auditoría expón que a fusión galega é solvente, propoñendo un novo modelo de xestión fronte ao que, dende a Consellería, cualificouse como “anos tolos”.
En grandes liñas, a auditoría recolle que a nova Entidade será solvente apostando por unha serie de medidas: a necesidade de volver ao modelo tradicional fronte á xestión do trienio 2005-2008, ou a necesidade de reducir a dependencia do financiamento maiorista externo (cunha diminución prevista en 10 puntos).
Así mesmo, está previsto que a dotación da Obra Social sexa un 20% dos beneficios ata o 2015, lembrando a Conselleira que na actualidade os inmobles representaban un 25% desta partida orzamentaria.
Estes puntos son compartidos por nós; queremos lembrar que o modelo de xestión impulsado no trimestre 2005-2008, o sobre endebedamento das Caixas nos mercados maioristas e a sobre exposición ao sector do ladrillo, ou a adquisición de activos con cargo á Obra Social, foron criticados pola CIG durante os últimos anos, tanto nos órganos de goberno das Caixas, como nas mobilizacións e comunicados públicos.
En canto á cuestión laboral, os tres sindicatos compartimos a necesidade de abrir unha negociación laboral que homologue e mellore as actuais condicións laborais, así como medidas para tratar de minimizar o impacto laboral da fusión tanto en emprego directo como indirecto (auxiliares, empresas de servizos de limpeza, seguridade, etc.). A Conselleira indicou que esa negociación debería abordarse coas Direccións das Caixas.
Solicitamos tamén información sobre o desglose do peche de oficinas ou a continuidade dos actuais servizos centrais. Neste senso a Xunta non facilitou datos, pero estivo de acordo coa nosa proposta de recuperar a carga de traballo deslocalizada a Madrid polas Caixas e que sería posible manter varios Servizos Centrais, iso si, con tarefas claramente diferenciadas.
En todo caso dende a CIG pensamos que toda vez que a Auditoría demostrou a viabilidade da fusión, é preciso sumar vontades que faciliten esta alternativa e para posibilitar o cambio de modelo de xestión conforme á necesidade exposta na Auditoría. O noso futuro depende do éxito da Nova Caixa de Galicia.

Sem comentários:
Enviar um comentário