16.1.10

Opinión: O Atraco bancario


Cando pensamos nun atraco bancario ven á cabeza a imaxe dun tipo con pasamontañas armado cunha pistola fronte a un probe traballador/as dunha entidade financeira, nunca a dun banqueiro ben traxeado repeinado con gomina sentando enfronte do presidente do goberno. Que ben ensinados estamos.

Un terzo do déficit público da administración central no ano 2008 correspondeu ás axudas aos Bancos a través do Fondo de Adquisición de Activos Financeiro (FAAF). As axudas ao bancos, entre outras cuestións, fixeron precisa unha suba de impostos por parte do goberno do PSOE.

No estado español as liñas de axuda a bancos e caixas foron catro: o citado FAAF polo que as entidades recibiron 19.341 millóns de euros; 64.000 millóns a través dos avais públicos as emisións de débeda privada destas entidades; as facilidades para que podan colocar préstamos a través do ICO por 38.700 millóns de euros e por último o FROB, fondo que pode chegar aos 90.000 millóns de euros. En total as axudas poden chegar aos 173.000 millóns de euros, uns ¡¡3.940 euros por habitante do estado!!.

Pero mais ala do custe das axudas estatais pecharon o ano cunha débeda co Banco Central Europeo (BCE) de 76.105 millóns de euros. No mes de outubro as inxeccións de liquidez por parte do BCE situábase nos 82.534 millóns de euros.

Ese diñeiro que as entidades reciben ao 1% continua sen chegar ao tecido produtivo estrangulando a posiblidade de recuperación económica, xa que está sendo utilizado polas entidades para facer fronte ao seus vencementos e está sendo reinvertido por bancos e caixas en débeda pública ao 4%. Reciben diñeiro público do BCE ao 1% e préstanllo ao estado ao 4%.

Entre novembro e decembro do 2008 recibiron 9.300 millóns do FAAF, e a débeda pública en mans dos bancos medrou en 9.000 millóns de euros.

A finais do ano 2009 a débeda pública en mans de bancos e caixas bateu records chegando aos 143.733 millóns de euros. Movendo papeis as entidades gañaron 4.311 millóns de euros, xuros que pagamos cos impostos de todos e todas.

2009 en contra do previsto rematou sendo un ano redondo para bancos e caixas e un mal ano para todos e todas cun incremento do déficit público. Isto si qué un atraco bancario en toda regra.


Clodomiro Montero

2 comentários:

Diego M. disse...

Asalto a base que Caixa Galicia ten feito centos de clientes, todos con perfil de venda polo miúdo e de baixa renda a través da comercialización de un medio de derivados financeiros baixo o título de "Seguro de cobertura de taxas" mirando para o embigo, e ollar como unha fraude, arredor de ti.

Atraco bancario el que ha realizado Caixa Galicia a cientos de clientes, todos con perfil minorista e ingresos económicos medio-bajos, comercializando un producto derivado financiero bajo la denominación de "Seguro de coberturas de tipos" Dejad de miraros el ombligo y mirar como estafais a vuestro alrededor.

Diego M. disse...

Ei, por que non publicar o meu comentario? Saúdos.

Hola, por que no publicas mi comentario?