En primeiro lugar polo "aventurerismo financeiro" dos xestores das mesmas, os auténticos irresponsables que nos levaron á situación actual.
Politicamente a responsabilidade é do PSOE, que aprobou o pasado mes de xuño o Decreto Lei 9/2009 de reestruturación do sistema bancario, un decreto que está obrigando ás Caixas de Aforros a fusionarse , reestruturarse e recortar persoal. Perséguese unha redución do número de caixas de aforros a través de fusións, das 47 actuais ata 20 a corto prazo . Nunha segunda fase pretenden reducir a 6 o número de caixas e privatizalas.
O obxectivo é concentrar as caixas de aforros, prioritariamente con fusións entre caixas de distintos territorios, para ser posteriormente privatizadas como se fixo no resto de Europa. Pensan que se as caixas perden a súa ligazón co territorio, será máis fácil privatizalas.
O Decreto 9/2009 na súa tramitación no Parlamento español contou cos apoios do PSOE e do Partido Popular.
O Banco de España (o gobernador foi nomeado polo PSOE) esixe que as caixas teñan uns activos mínimos de 50.000 millóns de euros , cifra que non acadan nin Caixa Galicia nin Caixanova.
É o PSOE o que impide que Caixanova e Caixa Galicia continúen en solitario, como sería o desexo da maioría da cidadanía e como sería o desexo da CIG, xa que entre outras cuestións, evitaríamos a destrución de postos de traballo.
Que é o SIP?
O SIP é o que se denomina fusión fría; as entidades que integran un SIP responden de xeito común da solvencia e da liquidez. Loxicamente, iso implica que todo o relacionado coa solvencia e a liquidez deba poñerse en común nunha nova empresa, un banco.
A política de riscos (préstamos e cretos) non estaría en ?Vigo? nin en ?A Coruña?, senón no novo banco. O mesmo que a política de investimentos da carteira industrial, tesourería, etc.
As Caixas quedarían reducidas a unha marca comercial, sen contido financeiro e sen capacidade real para decidir que parte dos beneficios deberían reinvestirse na sociedade vía Obra Socio-Cultural. Porque incluso a porcentaxe dos beneficios a investir na Obra Social decidiríase no novo banco.
Un sistema semellante foi utilizado en Italia para privatizar as caixas. A propia CECA , é dicir o lobby de presión dos Directores Xerais, está pedindo que se regulen os SIP xa que entenden que é un instrumento para a privatización.
Dende o punto de vista do emprego, un SIP é unha aventura que non garante de ningún xeito o actual emprego. Parte da rede de oficinas pasaría ao novo Banco e ademais, desaparecerían parcial ou totalmente os Servizos Centrais. Os SIP non garanten o emprego nin as condicións laborais, só garanten a continuidade de Gayoso e Méndez.
3 comentários:
que se faga algo e que se acabe ca dictadura que ten imposta a dirección comercial da caixa en red 1.
Julio Rivero ao santander, que é o teu estilo
GAYOSO DIMISIÓN.
O territorial de pontevedra, o estirao que vaia co Julio para o Santander que tamén e o seu estilo, e o Botín gustalle.
E senón que o explique a ese compañeiro que xa non esta entre nós.
Enviar um comentário