27.11.09

Mar Barcón "cantante"


Hoxe o xornal La Opinión da Coruña publicou un artigo no que informan de como Mar Barcón, Secretaria de Organización do PSOE, acedeu á Asemblea Xeral de Caixa Galicia en representación da Coral de Betanzos, malia non ter vinculación con esa entidade.

Hai que aclarar que non está só na Asemblea, tamén está no Consello de Administración da Caixa. A súa entrada neste órgano de goberno dá o cante.

Este artigo pon en evidencia a trama que existe ao derrredor das Caixas de Aforros, a entrada de Mar Barcón a través da Coral de Betanzos formou parte dun asalto do PSOE aos órganos de goberno de Caixa Galicia a través da Consellería de Economía durante o goberno do bipartito.

Xunto a esta "cantante" entraron no Consello de Administración o Presidente da Deputación coruñesa ou o alcalde de Lugo. Si a Caixa Galicia tiverá algún problema económico está claro onde habería que procurar responsabilidades políticas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Non se a que é cantante o é para sempre...

o demo de bichocuntín disse...

Outra a chupar do bote, e mentras catro tarados mirando as conexións da lotería. Que salarios mais tirados ó lixo, a estes non os mandaran a merda non.

fillosdeputatodosachupoardacanoa.