Hoxe día 10 de marzo foi publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Convenio Colectivo das Caixas de Aforros, polo que a partir de maña entrará en vigor.
• O seguinte paso é que se reúna a Comisión Paritaria composta pola ACARL e os sindicatos asinantes, para aprobar as novas táboas salariais actualizadas co IPC previsto polo goberno.
Ata o de agora non foron actualizadas as “táboas salariais 2009” dado que o Convenio non estaba en vigor.
• No momento en que se actualicen as táboas percibiremos tamén os atrasos dende o 1 de xaneiro deste ano.
• Ase mesmo as empresas deberan abonar o “plus convenio” dentro do primeiro trimestre, a parte fixa serán 285 euros e a variable actualizarase co IPC.
Agardamos que as Caixas de Aforros non se unan a outras patronais que despois de asinar o Convenio néganse a actualizar as táboas co 2% alegando que o IPC previsto ou estimado polo goberno non existe.
É certo que actualmente é o Banco Central Europeo o que establece o IPC previsto e non o goberno central, pero na acta do Consello de Ministros do 9 de xaneiro recoñeceron un IPC previsto do 2% para este ano 2009.

Sem comentários:
Enviar um comentário