3.9.08

Caixa Galicia contra o galego

A torre Ifer, declarada ilegal, sede do Club Financiero de Vigo

O Clube Financeiro de Vigo, un lobbie empresarial de presión política (do que Caixa Galicia é accionista) fixo público un manifesto en contra da normalización lingüistica do galego e contra o recoñecemento do dereito das persoas galego falantes a ser atendidos no seu idioma. Alegan un incremento dos custes salariais para as empresas e problemas de competitividade entre outras cuestións.

O Clube Financeiro de Vigo está situado na coñecida Torre IFER, declarada ilegal por sentenzas xudicias, pero que curiosamente segue en pé. Nos seu accionariado participan numerosas entidades financeiras e empresas da area sul de Galiza, actuando como un lobbie de presión fronte aos gobernos democraticamente elexidos pola cidadanía.

Que Caixa Galicia apoiase no seo do CFV o manifesto supón un atentado contra os Estatudos da propia Entidade. Segundo o artigo 2 dos Estatutos da Caixa, "Caixa de Aforros de Galicia, allea a fines de lucro, orientará a súa actividade primordialmente ao servizo de Galicia". Como se vé nin unha cousa nin outra, dedican todos os seus esforzos a lucrarse por riba de calquera consideración social ou laboral; e agora desprezan o maior patrimonio cultural dos galegos e das galegas, o noso idioma.

Lembramosche que podes sumarte ao "Manifesto a prol da convivencia lingüistica e da igualdade de dereitos para o galego" na páxina web da Mesa pola Normalización Lingüistica.


3 comentários:

Galego disse...

Teño un fillo galego falante, non atopei un só colexio no que poidera educalo en galego, de que falan esta panda de mantidos muxidores do teto do erario público?

Que pinta Caixa Galicia metida en tal disparate?

Breogán dos tempos son chegados disse...

Xa o FRANCO tentou de fulminar o Galego e saiulle mal. O levamos na sangue mal que lle pese a pandilla de tarados yanquilizados e globalizadores. Que se metan a globalización polo cú e que a inflen ate que estoupen.

Anónimo disse...

Caixanova, que tamén está no Circulo saiu ao paso cunhas declaracións propias. Que pasa con Caixa Galicia?