14.2.08

Control horario e Prexubilacións

Control horario: Inspección de Traballo de Lugo

A sobrecarga de traballo debido a falta de persoal e aos requirimentos para que cumpramos os leoninos obxectivos comerciais impostos pola Dirección, teñen como consecuencia unha prolongación ilegal da xornada, horas extras traballadas pero non pagadas nin compensadas pola Caixa.

En anteriores comunicados informamos das actuacións e sancións por parte das Inspeccións de Traballo de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Agora a Inspección de Traballo de Lugo ten en marcha unha investigación a fondo sobre a prolongación horaria nesta Territorial. Constatou que esta prolongación que a CIG vén denunciando en toda Galiza é real e habitual. Tal e como dixemos cando nos manifestamos contra a apertura de oficinas polo serán: traballar polas tardes, nin os xoves.

Prexubilacións

Xa está en marcha o proceso de anticipo da xubilación a tempo parcial con contrato de relevo; o persoal con 59 anos que cumpra 60 ao longo deste ano poderá anticipar a súa xubilación neste mes recibindo un 85% do salario. En concreto para os compañeiros e compañeiras de A Coruña este venres será o seu último día de traballo.

Este proceso ten un tope, despois do endurecemento das xubilacións anticipadas a tempo parcial pactadas o ano pasado pola CEOE, CCOO e UGT dentro da Reforma da Seguridade Social.
Lembramos que cando desapareceron as prexubilacións polo endurecemento por parte da Unión Europea da normativa deste tipo de procesos, dende a CIG puxemos alternativas por riba da mesa, en concreto as xubilacións anticipadas.

No ano 2007 reivindicamos a prexubilación para o persoal que pode acollerse ás xubilacións anticipadas a tempo parcial, ao longo de todo o ano negociamos coa empresa as alternativas posibles, optando a empresa por anticipar a principio de ano as xubilacións do persoal que cumpra 60 anos ao longo do 2008. É insuficiente, pero a marxe legal despois das sucesivas reformas da Seguridade Social é pouca.

Cabe preguntarse porqué noutros países da Unión Europea, como en Francia, os sindicatos opóñense aos recortes na Seguridade Social pública, mentres no Estado Español aceptan e son co-partícipes dos sucesivos recortes.

Galegos e galegas

En relación as descalificacións remitidas por CCOO nas que nos acusaban de folclóricos por ser un sindicato galego queremos alcarar: Os delegados e delegadas da CIG estamos orgullosos do noso idioma, da nosa cultura,da nosa visión do mundo, en definitiva de ser galegos e galegas. Mágoa que algúns entendan que ser galegos e galegas é ser folclóricos, son vítimas dun profundo auto-odio.

2 comentários:

Anónimo disse...

que lle metan unha escoba no cú ó walter pra que mentras obriga a facer todas esas horas, barra o seu despacho.Hostias!!! Mellor non, que seguro que lle gusta e se queda mais tempo no traballo tocando as pelotas.

el nieto disse...

ENHORABUENA ABUEEEELOOOOO!!!!!

Chema de Argobejo, el abuelo, se prejubila. Ha sido un placer y un privilegio haber trabajado contigo.
Visítanos de vez en cuando.

Felicidades amigo!!!