7.2.08

Canto subiron realmente os prezos?

Ainda que os nosos salarios se actualicen co IPC moitos temos a sensación de que cada día chegamos pior a final de mes.

Agora unha curiosa páxina web ten realizado un calculo do IPC utilizando a suba dos prezos publicada polo Instituto Nacional de Estatística, pero incluindo na formula cun maior peso os produtos de maior consumo por parte das familias.

Curiosamente para esta páxina o IPC real foi do 7,62% fronte ao 4,2% oficial e iso sen ter en conta o prezo da vivenda. Sen dúbida o 7,2% está mais próximo a realidade que o IPC oficial falseado que fai público o goberno español de turno.

Podes entrar aquí na páxina web IPCreal.

3 comentários:

Un Kuntaquinte comercial disse...

Os látigos non deberon de subir moito, na Caixa dan tralla sen medo a ter que mercar outros...

Anónimo disse...

Que pasa, escribo un comentario e non sae?

Administrador disse...

Ante os ataques e insultos que estabamos recibindo de persoas doutras centrais sindicais vimonos na obriga de autorizar previamente calquera comentario antes da súa publicación. Sentimolo.