Regulamento Préstamos e Anticipos
A empresa xa nos enviou unha proposta de redactado do Regulamento de Préstamos e Anticipos para a súa sinatura coas melloras pactadas o pasado mes de decembro. Estamos estudando o redactado antes de asinalo, agardamos poder facelo a maior brevidade posible, xa que sabemos que moitos compañeiros e compañeiras están á espera para poder solicitar préstamos ou anticipos nas novas condicións.
Unha vez máis fomos quen de mellorar substancialmente a nivel de empresa as condicións laborais pactadas no Convenio Colectivo Estatal.
Anticipar as xubilacións
A empresa xa se puxo en contacto coas persoas que cumpren 60 anos ao longo do 2008, para propoñerlle anticipar a xubilacións nos termos que vimos negociando e que fixemos públicos por primeira vez no noso comunicado do 9 de febreiro de 2007, malia que esta medida non afecta ás persoas que cumpren 59 anos no 2008.
Estimamos que en febreiro os compañeiros e compañeiras que o desexen podan acceder a súa merecida xubilación. Noraboa a todos e todas.

Podes ver aquí, ou na sección "prexubilacións", as propostas efectuadas anteriormente pola CIG nesta materia.
Aclaracións nóminas
Estamos recibindo consultas sobre a nómina de este mes. Aínda que no Portal aparece unha explicación da nómina, pasamos a explicar brevemente a información que recibimos de RRHH.
As nóminas de outubro a decembro 2007 foron pagadas cun novo sistema de xestión. Agora, ao actualizar os distintos conceptos salariais co 4,2% que foi o IPC definitivo do 2007, a empresa desconta o anticipo a conta xa pagado do 2% (de aí algúns conceptos en negativo).
Debido ao cambio do sistema de xestión da nómina RRHH tivo que liquidar na nómina deste mes distinguindo entre as nóminas pagadas de xaneiro a setembro e de outubro a decembro.
Salvo erro ou omisión as nóminas están ben, pero non dubidedes en poñervos en contacto con calquera dos delegados/as da CIG para calquera aclaración ou consulta.

Sem comentários:
Enviar um comentário