25.10.07

Poderan abrir sábados, polo serán e non hai paga


O día 24 de outubro os sindicatos empresariais CCOO e CSICA asinaron o Convenio de Aforro, o Convenio con menor apoio sindical na historia do sector. Hoxe a prensa anuncia que as Caixas poderán abrir oficinas polo serán, poder ver aquí o diario Cinco Días.

O pasado 4 de outubro a CIG-Aforro convocaba unha manifestación para protestar pola existencia dunha negociación clandestina do Convenio Colectivo que tiña como fin abrir oficinas todas as tardes. O tempo deunos a razón, o Convenio Colectivo abre a porta á desregulación da xornada laboral,

Ao longo dos últimos días os asinantes fixeron un alarde propagandístico, no que dicían que conseguiran un ¼ de paga, a suba do Plus Convenio e falaban de que conseguiran que librásemos ata o 50% dos xoves polo serán.

Unha vez analizado o Convenio non atopamos o ¼ de paga, non libraremos o 50% dos xoves polo serán e inclúe a través das xornadas singulares a posibilidade de abrir oficinas polas tardes e incluso os sábados.

Esta apertura de oficinas polo serán e os sábados deberá negociarse a nivel de empresa, sen que exista un horario máximo estipulado en Convenio, o que pode levar a unha guerra de horarios para beneficio das maiores Caixas de Aforros. Algunhas entidades anunciaron que non teñen intención de negociar a apertura… agás que se vexan forzadas pola competencia.

En canto ás retribucións as altas direccións subiron os seus salarios un 24%, pero os nosos subirán o IPC e grazas. A única retribución que sube de xeito real é o Plus de Polivalencia (unha suba de entre un 0,05 e un 0,20 por riba do salario líquido anual).

Cabe lembrar que este Plus é unha compensación pola implantación da mobilidade funcional, pola cal todos e todas debemos realizar calquera función que nos impoña a empresa e que non teñamos definidas as funcións de cada posto de traballo. Por ex., dende o pasado convenio o persoal administrativo ten a obriga de realizar funcións comerciais a cambio deste Plus.

A suba do Plus de Convenio ten un sentido perverso: cobrará menos o persoal que asume un maior número de novas funcións (persoal administrativo) e cobrarán máis aquelas persoas que menos novas funcións asumen (Nivel I).

En canto á libranza dos xoves polo serán, dicían que libraríamos o 50% dos xoves, pero… inclúen neste cálculo os xoves do verán que nunca traballamos. En todo caso, facendo historia, hai que lembrar que nos cambiaron algúns sábados (non traballabamos todos) por todas as tardes dos xoves no inverno. Agora a historia se repite e algunhas oficinas poderán volver abrir os sábados.

En resumo, as Caixas poderán abrir oficinas sábados e tardes, a cambio dun día mais de vacacións e 3 seráns dos xoves libres no Nadal. Non hai ¼ de paga, só sube o Plus de Polivalencia para compensar as novas funcións que temos a obriga de realizar pola mobilidade funcional.

Pd.O persoal das Obras Sociais queda, unha vez máis, fóra do Convenio. As empresas din que a Obra Social é a alma das Caixas, pero pórtanse co seu persoal como desalmados.

3 comentários:

Anónimo disse...

En fin, desarmado y en desbandada el ejercito de amarillos, y habiendo alcanzado las Cajas Nacionales sus últimos objetivos, el Convenio ha sido firmado.

Burgos, 1 de Abril de 1939

Anónimo disse...

Como afiliado da CIG gustaríame que incluírades unha proposta na negociación coa empresa:

Si abren oficinas polas tardes que metan nese horario aos delegados e delegadas de CCOO.

Collerían horas "sindicais" e non abriría ningunha oficina. Mataríamos dous paxaros dun tiro.

Anónimo disse...

Me sinto como os dos paises do leste ou sudamericanos ,asiáticos,africanos ou...os que sexan, que veñen enganados, e acaban follados e explotados.
Caimos nas redes da mafia de Concesións Obreiras. ¿Poderemos escapar dalgures xeito da prostitución laboral imposta polas patronais co beneplácito destes amarelos?

CCOO-CSICA=a mesma merda é.