30.10.07

O IPC armonizado sube ata o 3,6%, menos que os prezos.


Segundo o Instituto Estatal de Estatística o Indice de Prezos ao Consumo (IPC) armonizado, subiu ata o 3,6% no mes de outubro, o que representa a maior subida dende o mes de agosto do 2006.

Ainda que o IPCA subiu nove décimas dende o mes de setembro, non recolle realmente a suba do custe da vida.

A organización de consumidores OCU anunciou que o pan subiu ata un 40% ao longo do mes de outubro, e produtos como o leite subiron mais dun 12% no último mes.

A suba dos cereais debido a seca en varios países produtores e ao crecente consumo para a fabricación de biodiesel, está sometendo os prezos dos alimentos a unha espiral alcista moi por riba do IPC. Tanto polo incremento do prezo dos pensos que repercute nos produtos animais, como pola suba das fariñas, xa que un 10% do consumo básico das familias son produtos elaborados a base de fariñas.

2 comentários:

John Fields from newsafebank disse...

Eu non chego a fin de mes e cada día pior.

El Director disse...

Grazas á suba do Plus Convenio que conseguiron os de Concesiones Obreras penso comparme un chalete na manga do mar menor, un coche e irme de vacacións dando a volta ao mundo. O resto metereino nunha conta de prazo no ING que paga mais que a Caixa.

Firmado: El Director.

Pd. Digo grazas a suba, porque coa merda que repartiremos entre os currelas quedan mais beneficios para min e os meus.