9.6.07

A situación laboral marcou a Asemblea Xeral de Caixa Galicia

A CIG fronte a Gollum o simbolo da corrupción pola avaricia

A protesta non estivo reñida co humor

Un momento da concentración nas portas da Fundación.


O día 9 de xuño tivo lugar a reunión anual do máximo órgano de goberno da Caixa Galicia, que estivo marcada pola situación laboral, tanto pola presenza dunha concentración da CIG na porta, como polo discurso do Director Xeral, así como polo voto negativo dos representantes do persoal á xestión do exercicio 2006.

Despois da conflitividade social que sacudiu a Caixa Galicia durante o ano 2006 e neste ano 2007, as cartas estaban sobre a mesa. Dende primeira hora da maña, convocados pola Sección Sindical da CIG, medio cento de delegados e delegadas sindicais concentráronse no Cantón Grande na Coruña nas portas da Fundación Caixa Galicia.
.
O edificio estaba engalanado cunha gran foto de “Golum” a personaxe do “Señor dos Aneis” que representa a corrupción pola avaricia. En todo caso a CIG quere desmentir a súa responsabilidade na colocación deste símbolo.

Durante a ruidosa concentración, encabezada por unha pancarta co lema “Queremos traballar en paz, abonda de presión e acoso laboral en Caixa Galicia”, os representantes do persoal corearon lemas denunciando a grave situación laboral e de apoio a FOLGA na Caixa Galicia anunciada ao cadro de persoal pola CIG.

As 11:30 os representantes do persoal elixidos co apoio da CIG (os sindicatos non poden presentarse as eleccións para os órganos de goberno), accederon a Asemblea entre os berros de apoio dos alí concentrados.

Despois dunha longa exposición por parte do Director, na que tiveron un gran protagonismo as cuestións laborais, interveu un representante de CCOO que despois de criticar a xestión económica e a situación laboral, anunciou o voto negativo á xestión do exercicio 2006.

Posteriormente interveu Clodomiro Montero como voceiro dos representantes do persoal da CIG, na súa intervención critica coa reconversión da empresa, acusou á Dirección de ter aberto inexplicablemente unha guerra contra o persoal en base a dúas premisas falsas: que este traballa pouco e mal.

Denunciou tamén os 600 ceses e traslados efectuados pola empresa no último ano, nomeadamente de Directores e Interventores con moitos anos de servizo e entrega a Caixa. En moitos casos os traballadores e traballadoras foron cesados sen coñecer o novo destino tendo como única explicación que non dan o perfil requirido, curiosamente a maior parte das persoas tiñan mais de 50 anos.

Posteriormente denunciou a creación de departamentos burocráticos que teñen como único obxectivo presionar ao persoal para que cumpra os leoninos obxectivos impostos pola Dirección. As persoas destes departamentos non dubidan en ameazar, descalificar e incluso chegan a raiar o insulto, no trato co persoal da rede comercial. Neste senso denunciouse que aínda a semana pasada persoal temporal da Caixa foi ameazado con despedidos si non vendían 5 televisións no prazo dunha semana.

Na súa intervención o representante da CIG anunciou a convocatoria de FOLGA e tendeu a man a Dirección para poder chegar a un acordo que solucione a problemática denunciada. Pediu tamén ao Presidente da Entidade que medie entre a Dirección Xeral e a representación sindical para impedir que por primeira vez na súa historia Caixa Galicia teña que enfrontarse a unha Folga.


Na súa replica o Director Xeral acusou a CIG de lanzar unha soflama demagóxica e de estar lonxe da realidade laboral da Caixa. E dixo, que en contra do proclamado polos representantes dos traballadores e traballadoras, o clima laboral de Caixa Galicia é magnifico. Anunciou tamén que a política laboral non vai cambiar e que a convocatoria dunha Folga sería un grave erro por parte da CIG.

Tal e como tiñan anunciado previamente os representantes do persoal da CIG e CCOO votaron en contra da xestión da actual equipa Directiva, feito inédito na historia da Entidade. O Presidente solicitou o nome e apelidos das persoas que votaron negativamente para facelo constar en acta. Pola contra non houbo votación a favor, nin houbo reconto dos Conselleiros Xerais presentes na sala.

Deste xeito a CIG inicia o calendario de mobilizacións que, no caso de que a empresa continúe pechada a negociación, rematará coa convocatoria da primeira Folga na historia da Caixa de Aforros de Galicia.

16 comentários:

Moi ben feito disse...

Hai que botarlle huevos, os sindicatos votades en contra e o tipo erre que erre que hai bo clima laboral.

Estivo ben que por unha vez estiverades de acordo e que CCOO non escapase como sempre.

Gelis disse...

Tiñades que pedir a demisión de Méndez. E os seus fillos, tiñaos no colo mentres dicía que o clima laboral era magnífico?

Gracias compañeiros por estar dando a cara e dicir a verdade de cal é o verdadeiro clima laboral.

Estou seguro que si siguen con esta presión a folga está asegurada.

Me alegra saber que Ccoo también votó en contra.

Seguide así

Noam Chomskinho disse...

Menos mal que o clima laboral é magnifico, cando sexa malo, qué nos farán?

pepiño tula disse...

Queda demostrado. O SEÑOR MENDEZ NECESITA AUDIFONO. ESTA COMPLETAMENTE SORDO E NON ESCOITA OS BERROS DO PERSONAL. Non me estraña que diga que o clima laboral e bo.

Lucus Augusta disse...

Gracias CIG, seguir así, adelante sin desfallecer. Sabemos que estamos en buenas manos.

Anónimo disse...

Que prepotencia!!

Este home perdeu o norde, os sindicatos votades en contra é dí que hai bo clima laboral.

Así só perde credibilidade nos órganos de goberno.

eu estiven ali: disse...

Concretamente dixo que o clima laboral era "cojonudo" (textual).
Coido que lle fallou o subsconciente e quiso dicir que él impón o clima que lle sae dos collóns.

O de antes: disse...

Sigo: Chamounos mentirosos a os representantes do persoal. Os únicos que estamos lexitimizados para falar polos traballadores/as. ¿Ou é que agora el tamén é delegado de persoal e ninguén no lo dixo?. Me cago en su puta estampa.

Xa rematei: disse...

Concentracións, denuncias en Inspección de traballo e Folga.

E que aprenda o pámpano a medir as súas palabras.

Estos chicos me tienen loco disse...

Pongan ustedes a la venta esa camiseta ya.

Objetivo marcado: 15 semanales por Oficina.

Traten de fidelizar al cliente colocandole también la afiliación a la CIG.

Pd.Lo de Golum fué un lapsus imperdonable, correrá la sangre.

ascensorista disse...

Non incluichedes na noticia o momentazo do Director pechado no ascensor durante 5 minutos.

A parede do ascensor era de cristal, por riba xusto estaba o Golum e enfrente os delegados e delegadas escachando coa risa.

Viva as novas tecnoloxías.

Un afiliado disse...

Hoy me pasaron copia de las coplas que preparasteis para la reunión. Teneis que repartirlas para todo el mundo.

Enhorabuena fenómenos!!

Jorganes disse...

Os usuarios da Caixa estomos cos traballadores. Gostaríanos saber como temos que facer os usuarios para ter a representación que nos corresponde na Asemblea.

Anónimo disse...

ahora estan a vueltas con el plan talentum el lunes 10.30 ITE, es una verguenza lo que quieren hacer, NO AL PLAN TALENTUM. A seguir en la lucha CIG, un afiliado

Follum disse...

A avaricia rompe o saco. Crecemento descontrolado, presión ó persoal, xa hai máis directivos que soldados rasos e cultura de:
"Sálvese quen poida"
"Tira pa diante que xa pagarán"
"A vivenda todo o paga"
"Vende, vende, vende. Xa se cobrará"
"Ordena e manda pero non te molles"
"Chove parriba"

Belgrano disse...

Que pasa con Concesiones Obreras, apoya la huelga o seran esquiroles. Vaya papelon el de estos compañeros.