31.1.07

Incrible pero certo II: o premio que recibiu a Caixa tiña trampa

Premio Látego

Moitas persoas lembran a medalla concedida a Jose María Aznar polo Congreso dos USA previo pago de 100 millóns das antigas pesetas por parte do Estado Español. Non é un caso illado, hai recoñecementos que teñen un prezo.

O premio concedido pola “Corporate Research Fundation” ao Departamento dirixido por Maria Camino que xestiona e deseña todo o que ten que ver coa política de persoal da empresa, foi outorgado por esta entidade internacional en base a que Caixa Galicia “ha tomado el camino de la excelencia en la dirección de personas”.

Na páxina web da citada fundación figura que “Caixa Galicia” é un dos seus clientes e entre os socios da “Corporate Research Fundation” figura tamén a empresa que realiza anualmente a auditoría das contas da Caixa de Aforros. Todo queda en casa.

Para conceder este premio a “Corporate Research Fundation” seguindo unha metodoloxía mais que cuestionable, mantivo entrevistas con Dirixentes da Caixa e con xornalistas de varios medios de comunicación, ninguén contrastou co persoal nin coa representación legal cal é era a situación real.

Dubida resolta, este premio que escandalizou a moitos traballadores e traballadoras da Caixa tiña trampa, como aquela medalla de Aznar foi previo pago.

1 comentário:

Anónimo disse...

A modo de aclaración: El látigo que utilizan conmigo tiene 7 puntas no 2.