24.1.07

A CIG obtén 5 representantes no Comité da Oficina Principal de Lugo

Concentración da CIG na OP de Lugo, o compañeiro Teo en plena acción co silbato.

O día 24 de Xaneiro celebráronse por primeira vez as eleccións sindicais para o Comité de Empresa da Oficina Principal de Lugo, neste proceso a CIG obtivo os 5 representantes en xogo. Este resultado ven a reforzar a maioría da CIG en Caixa Galicia, uns resultados electorais acompañados por un medre constante da afiliación do 210% durante os últimos cinco anos.

A CIG foi a única central sindical que conseguiu presentar candidatura nas eleccións constituíntes do Comité de Empresa da Oficina Principal de Lugo. Malia ser lista única o apoio dos traballadores e traballadoras foi moi importante, con 33 dos 39 votos emitidos.

Este resultado é unha mostra mais de apoio do persoal ante a acción sindical que estamos a desenvolver contra a presión comercial e o psicoterror laboral.

Con este resultado a representación sindical en Galiza é a seguinte:

Resultados eleccións sindicais en Galiza:

Sindicato...... delegados/as....... representatividade


CIG.....................50.............................48,54%
CCOO..................38.............................36,89%
CSICA.................11..............................10,67%
UGT......................4................................3,88%
TOTAL...............103.............................100,00%

Para rematar queremos agradecer aos compañeiros e compañeiras da OP de Lugo a confianza depositada na candidatura da CIG.

1 comentário:

Anónimo disse...

Bo traballo, 5 mais para dar caña que van facer falla.

Noraboa.