Ante o deterioro do clima laboral na Caixa Galicia, debido ás agresivas políticas laborais e comerciais implantadas unilateralmente pola Dirección, a Sección Sindical da CIG na Caixa Galicia ven de convocar Asembleas de Traballadores e Traballadoras nas catro provincias galegas.
Nos meses de Xuño e Xullo Caixa Galicia foi o escenario de mobilizacións dos delegados e delegadas da CIG para protestar pola presión, a persecución e o acoso ao que estaba sometido o cadro de persoal.
A presión lonxe de amainar medrou o longo do último mes, o que ten obrigado a CIG a dar un paso mais no conflito aberto na Caixa Galicia. A CIG considera necesario dar voz a todo o persoal da Caixa para avaliar a situación e decidir colectivamente os pasos a dar.polo que ten convocado Asembleas por todo o país.
Día a día a Dirección implanta novas medidas destinadas a incrementar a carga de traballo presionando tamén ao persoal para que estenda ilegalmente a xornada laboral como acontece na Banca Privada.
Abusos e enganos ao persoal temporal; ceses e traslados do persoal fixo; apertura de oficinas fora da xornada pactada; ou correos, chamadas e reunións nas que o persoal é insultado e menos prezado polos seus xefes directos; son algunhas das medidas postas en marcha pola empresa. Todas estas medidas teñen como fin incrementar os beneficios empresarias ata os 300 millóns de euros.
Pendente de confirmar os locais e os horarios inicialmente están previstas as seguintes Asembleas de Traballadores e Traballadoras.
10 OUTUBRO-VIGO
11 OUTUBRO-PONTEVEDRA
16 OUTUBRO-LUGO
17 OUTUBRO-OURENSE
18 OUTUBRO-SANTIAGO
24 OUTUBRO-FERROL
25 OUTUBRO-A CORUÑA
A CIG ten previsto propoñerlle ao persoal un paquete de medidas co fin de frear a deriva laboral e social da maior Caixa de Aforros galega.

Sem comentários:
Enviar um comentário