18.11.10

A privatización da Caixa de Aforros

A Dirección de Caixanova, que terá o timón da nova entidade por moito que se fale de paridade, apostou claramente por un SIP durante meses.

As declaracións do incompetente Miguel Angel Fernández Ordoñez, instando as Caixas que forman parte dun SIP a constituir urxentemente un banco e traspasar toda a actividade financeira ao mesmo, demostra que os SIP son un instrumento para privatizar as Caixas tal e como dixemos durante todo o debate sobre o futuro das Caixas. O instrumento polo que apostaba Caixanova e o PSOE, nomeadamente Abel Caballero, para as Caixas Galegas era a privatización pura e dura.

Os Estatutos da nova Caixa recollen a entrada de capital privado e a súa entrada nos órganos de goberno: accionistas privados, a privatización por outra vía.

Preguntados ao respecto na reunión mantida onte din que non renuncian a emisión de cotas participativas. Para que incluiron entón a emision de cotas participativas con dereitos políticos nos Estatutos da nova Caixa?.

As Caixas de Aforros do Estado Español estan sendo reconvertidas cun duro custe laboral, mais de 30.000 postos de traballo seran destruidos a través de ERES, como paso previo para ser privatizadas. Mentres na sanidade ou correos os sindicatos estan dando a voz de alerta a toda a sociedade, nas Caixas calan, agás a CIG, Colaboran e convértense en complices. Unha mansedume inexplicable.

Hai quen nos acusa de ter ideoloxía e alaban agora o sindicalimo "independente", querendo agocharlle aos traballadores e traballadoras a raíz do problema: somos reconvertidos para ser privatizados.

Sem comentários: